UUAA VE FALTA DE CLARIDADE NOS CONTROIS ENTRE A UE E MERCOSUR

Ante a inminente aprobación provisional do regulamento comercial do acordo destaca a necesidade de claúsulas espello

Santiago, 16 de decembro de 2025.- Unións Agrarias ve pouco claros e eficaces os mecanismos aprobados o pasado 8 de outubro pola Comisión para introducir cláusulas de salvagarda para os produtos agrícolas máis sensibles no novo marco de relación entre a UE e MERCOSUR.

Ante inminente aprobación provisional do capítulo comercial do acordo, para a organización agraria este xera moitas dúbida que necesitan ser aclaradas, pois o modelo de activación das cláusulas de salvagarda xera interrogantes no referido ás porcentaxes dos umbrais que permiten o seu desencadeamento, un 10% de oscilación interanual nas importacións ou nos prezos.

Unións Agrarias alerta ante as posibles consecuencias dun escenario que permitirá a colocación nos lineais de carne procedente de Brasil ou Arxentina moi por debaixo dos custos de produción que ten unha explotación galega. Ademais, lembra a gran diferencia de exixencias ambientais, laborais ou benestar animal que operan dentro e fóra da Unión Europea.

Neste sentido, desde a organización agraria afírmase que tanto desde o punto de vista social, económico e mesmo nutricional, pensando nos consumidores, resulta imprescindible un control efectivo sobre a entrada de produtos e a colaboracións das grandes superficies para evitar as prácticas enganosas de facer pasar por carne galega aquelo que non o é.

«Galicia produce cantidade e calidade e temos unha forte vocación exportadora. Todo acordo comercial que rubrique España debe orientarse a potenciar ese liderado e lograr que o sector primario español siga apoiando á nosa economía, achegando á nosa balanza comercial e dando oportunidades ás zonas rurais. Nese sentido é imprescindible que se aplique sempre o principio das cláusulas espello», asevera a organización agrogandeira.

Actualmente impórtanse 194.000 toneladas equivalentes en peso en canle, incluídos entre 100.000 e 120.000 T de cortes de solombo, o que representa ata o 25 % do mercado europeo. As previsións co acordo UE-Mercosur: espérase que aumente a 293.000 T, o que supón 99.000 T adicionais, con entre 200.000 e 220.000 T de cortes de solombo. Nestes momentos, os cortes de solombo do Mercosur entran no  mercado europeo a prezos entre un 18% y un 32 % máis baixos que os da produción europea, segundo o Institut de l’Élevage de Francia.

En provincias como Lugo ou Ourense a gandería de carne ten un carácter estratéxico porque supón o derradeiro soporte económico e social para comarcas enteiras nas que o despoboamento e o colapso demográfico son xa unha realidade. E destaca o imprescindible papel que realizan dende o punto de vista da xestión do territorio e a prevención dos lumes.

En Galicia temos 20.000 explotacións de carne de vacún das que 8.000 están inscritas en Ternera Gallega e 6.000 poden considerarse profesionais. O 32% das mesmas atópanse en zonas de montaña: en torno a 2.500.

Tamén a avicultura vai sentir a influencia do acordo xa que o continxente libre de dereitos previsto e de 180.000 toneladas que equivale a produción combinada de países como Finlandia, Suecia e Dinamarca. E no mel a liberalización é de 45.000 toneladas que se alcanzará nun prazo de seis años. O principal país beneficiario do bloque será Arxentina.