NORMATIVA DO DÍA 17 DE DECEMBRO DE 2025

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 17 DE DECEMBRO (302)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. por el que se hace público el otorgamiento de la concesión para aprovechamiento de 0,048 l/s de agua procedente del manantial «Salgueiros», situado en la parroquia de As Achas (San Sebastián), término municipal de A Cañiza (Pontevedra), con destino a riego. Expediente: A/36/13563.

DOG 17 DE DECEMBRO (243)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 2 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Matadoiro para capón de Vilalba con indicación xeográfica protexida (IXP) e polo ecolóxico no polígono industrial de Vilalba, no concello de Vilalba (Lugo) (expediente 2025/0011).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 27 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación dos montes chamados Chan da Gándara e outros, solicitados a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Bemil (Caldas de Reis).

CMVMC.- Anuncio do 28 de novembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra o acordo de revisión de esbozo do monte veciñal de Vacariza de Nogueira, do Candedo e Fervedoira, no concello de Chantada (expediente Chantada/31_80/2022_134).

BOP A Coruña 17 DE DECEMBRO (241)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Anuncio do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, polo que se fan públicas as datas, horas e lugares para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións de produción de enerxía eléctrica do proxecto denominado Parque eólico Novo Repotenciación, situado nos concellos de Narón, Valdoviño e San Sadurniño (A Coruña), promovido por Naturgy Renovables S.L.U. (expediente IN408A/2020/054).