NORMATIVA DO DÍA 5 DE XANEIRO DO 2026

-Convocatoria 2026 axudas valados fixos, prevención do lobo. -Resolucións ZLN -Axudas Provincia da Coruña concellos de <50000 Hab. Asociacións de mulleres.

DOUE 5 DE XANEIRO

II. ACTOS NO LEGISLATIVOS

DECISIÓN DE EJECUCIÓN DE LA COMISIÓN

Dermatosis.- Decisión de Ejecución (UE) 2026/68 de la Comisión, de 23 de diciembre de 2025, por la que se modifican los anexos de la Decisión de Ejecución (UE) 2025/1708, relativa a determinadas medidas de emergencia en relación con la dermatosis nodular contagiosa en Francia [notificada con el número C(2025) 9248]

DOG 05 DE XANREIRO (2)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Convocatoria axudas.- ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da instalación de valados fixos, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MT809F).(Extracto)(Prazo 1 mes-6 de febreiro)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Autorización.- RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se autoriza a utilización de material forestal de Pinus pinaster Ait. nas repoboacións forestais do interior da Comunidade Autónoma de Galicia procedente doutras rexións de procedencia.

FONDO GALEGO DE GARANTIA AGRARIA

Resolución ZLN.- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2025 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de axudas de pagamento a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña (subintervención 6613.04, IU prima ZLN) e en áreas distintas de montaña (submedida 13.2), cofinanciadas ao 65% e 75%, respectivamente, polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), reguladas na Orde do 25 de febreiro de 2025.

BOP da Coruña 05 DE XANEIRO (2)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego. Sección de Promoción Económica e Emprego

Convocatoria axudas.- Bases do programa de subvencións dirixido a asociacións de veciños de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica no ano 2026 (DP0042A/2026)