NORMATIVA DO DÍA 7 DE XANEIRO DE 2026

-Axudas conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra. -Axudas actuacións de correción de impactos paisaxísticos.

DOG 07 DE XANREIRO (3)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,XUSTIZA E DEPORTES

Programa estatístico.- DECRETO 128/2025, do 29 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2026.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Convocatoria axudas.- ORDE do 22 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI460A).(Extracto)

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Convocatoria axudas.- RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión nos viñedos da Ribeira Sacra, e se convocan para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR451B).(Extracto)

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Convocatoria axudas.- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).(Extrato)