NORMATIVA DO DÍA 13 DE XANEIRO DE 2026

- Resolución das axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo 2025. - Axudas de rehabilitación de vivendas no rural.

BOE 13 DE XANEIRO (11)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DEL INTERIOR

Convenio.- Resolución de 7 de enero de 2026, de la Secretaría General Técnica, por la que se publica el Convenio entre la Secretaría de Estado de Seguridad y el Ayuntamiento de Vilagarcía de Arousa, para la incorporación del Cuerpo de Policía Local al Sistema de Seguimiento Integral de los casos de Violencia de Género.

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Seguros.- Orden APA/3/2026, de 7 de enero, por la que se definen los bienes y los rendimientos asegurables, las condiciones técnicas mínimas de cultivo, el ámbito de aplicación, los periodos de garantía, las fechas de suscripción y los precios unitarios del seguro de hortalizas al aire libre, ciclo primavera-verano, en la Península y en la Comunidad Autónoma de Illes Balears, comprendido en el Cuadragésimo Séptimo Plan de Seguros Agrarios Combinados.

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 0,2 l/s de agua procedente del río Sarria, en su m.i., en el lugar y parroquia de Vilafiz, término municipal de O Páramo (Lugo) con destino a usos ganaderos. Expediente: A/27/07932/E.

DOG 13 DE XANEIRO (7)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2026 (códigos de procedemento TR852A e TR852B). (Extracto)

Convocatoria e modificación das bases.- Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se modifica parcialmente a Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa segunda convocatoria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento TR301K). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Resolución do 12 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas para a reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia da convocatoria do ano 2025, ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 (código de procedemento MR446A).

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento VI435E). (Extracto) (En concellos de menos de 5.000 habitantes, para actuacións non iniciadas no momento da solicitude e cun prazo de execución de ata 18 meses. Axudas do 75% do orzamento protexido das obras sen que supere os 30.000€/vivenda. A vivenda ten que dedicarse a residencia habitual das persoas propietarias ou ao alugueiro durante 5 anos. No caso de residencia habitual os ingresos non poden ser superiores a 6,5 veces o IPREM. Concorrencia non competitiva, solicitude a partir do 20 de xaneiro ata o 1 de setembro ou fin dos 5M€ de crédito)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Modificación dos estatutos.- Resolución do 16 de decembro de 2025, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición da modificación dos estatutos do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas no Depósito de Estatutos de Organizacións Sindicais e Empresariais.