DOG 15 DE XANEIRO (9)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212B). (Extracto)
CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE
Convocatoria.- Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en empresas ou entidades vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, programa Fórmate na Empresa (código de procedemento BS324D). (Extracto)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR443A). (Extracto)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Convenios.- Resolución do 5 de xaneiro de 2026 pola que se publican os convenios de colaboración asinados por esta axencia no terceiro cuadrimestre de 2025.
BOP A Coruña 15 DE XANEIRO (9)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Convocatoria.- Extracto da Resolución número 61528, do 30 de decembro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao programa de subvencións dirixido a asociacións de veciños de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica no ano 2026 (DP0042A/2026)


