DOG 19 DE XANEIRO (11)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Incendios.- Orde do 8 de xaneiro de 2026 pola que se identifica o ámbito territorial e temporal da exención no canon da auga e no canon de xestión das depuradoras nos núcleos de poboación afectados polos incendios producidos en Galicia no ano 2025.
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI461A). (Extracto)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Convocatoria.- Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais para a diversificación agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concesións.- Anuncio do 9 de decembro de 2025 polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).
BOP Pontevedra 19 DE XANEIRO (11)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Convocatoria.- Bases reguladoras da convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero para o ano 2026 (Extracto)


