NORMATIVA DO DÍA 20 DE XANEIRO DE 2026

Convocatorias do INEGA para proxectos de: - aforro e eficiencia enerxética nas empresas. - enerxías renovables e aforro e eficiencia enerxéticas nas empresas de produción agrícola primaria. - enerxías renovables de uso término no sector residencial en ámbitos non urbanos. - enerxía fotovoltaica.

DOUE 20 DE XANEIRO

DECISIONES

Sanidad animal.- Decisión de Ejecución (UE) 2026/127 de la Comisión, de 15 de enero de 2026, por la que se modifican los anexos de la Decisión de Ejecución (UE) 2025/1708, relativa a determinadas medidas de emergencia en relación con la dermatosis nodular contagiosa en Francia.

DOG 20 DE XANEIRO (12)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 12 de xaneiro de 2026 pola que se publica a Resolución do 31 de decembro de 2025 que finaliza o procedemento administrativo ao abeiro da Orde do 16 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2025 pola se procede á terceira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X). (Extracto)

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Convocatoria.- Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y). (Extracto) (Excluído o sector agrícola)

Convocatoria.- Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (código de procedemento IN421L). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S). (Extracto) (Excluído o sector agrícola)

BOP A Coruña 20 DE XANEIRO (12)

DUMBRÍA

Igualdade.- Aprobación do III Plan Estratéxico para a igualdade efectiva de mulleres e homes do Concello de Dumbría.