NORMATIVA DO DÍA 29 DE XANEIRO DE 2026

Axudas para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas.

DOUE 29 DE XANEIRO

COMISIÓN EUROPEA

Viño.- Publicación de la comunicación de una modificación normal aprobada del pliego de condiciones de una indicación geográfica con arreglo al artículo 5, apartado 4, del Reglamento Delegado (UE) 2025/27 de la Comisión. (Redúcese o grao alcohólico da DO Rioja)

DOG 29 DE XANEIRO (19)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

Convenios.- Resolución do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2025. (Inclúe os convenios cos concellos para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia no verán de 2025 e outros convenios no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR802L). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para investimentos en reforestación con especies de frondosas e/ou coníferas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Deselvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR605D). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Concesións.- Resolución do 21 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG300C).