DOUE 3 DE FEBREIRO
REGLAMENTOS
Sanidad animal.- Reglamento de Ejecución (UE) 2026/280 de la Comisión, de 2 de febrero de 2026, que modifica el anexo I del Reglamento de Ejecución (UE) 2023/594, por el que se establecen medidas especiales de control de la peste porcina africana. (Non afecta a España).
DOG 3 DE FEBREIRO (22)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
Concesións.- Resolución do 22 do xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas inicialmente, así como ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2025, ao abeiro da Resolución do 17 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento IN500A).
Concesións.- Resolución do 22 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas, así como ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2025, ao abeiro da Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde no contorno laboral da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 20 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Da Costa (2ª ampliación), no concello de Carballeda de Avia.
CMVMC.- Anuncio do 20 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible ampliación da clasificación do monte denominado Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo, no concello de Viveiro (expediente 5/2025).
BOP Pontevedra 3 DE FEBREIRO (22)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Convocatoria.- Bases reguladoras de subvencións en concorrencia competitiva para edicións dirixidas a entidades sen ánimo de lucro para o ano 2026. (Extracto)


