NORMATIVA DO DÍA 5 DE FEBREIRO DE 2026

Concesión das axudas aos plans de mellora 2025.

BOE 5 DE FEBREIRO (32)

V. ANUNCIOS

COMUNIDAD DE REGANTES DE CERDAL E O DORNO (GOMESENDE)

Anuncio.- de la Comunidad de Regantes de Cerdal e o Dorno sobre convocatoria de Junta.

DOG 5 DE FEBREIRO (24)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B). (Extracto)

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Convocatoria.- Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G). (Extracto) (Contratan os concellos a persoas desempregadas para tarefas maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, en réxime de concorrencia non competitiva mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E). (Extracto)

Concesións.- Resolución do 26 de decembro de 2025 pola que se resolven as solicitudes de subvención para investimentos en modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, convocadas pola Orde do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 21 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se publica a resolución de clasificación como veciñal en man común do monte Baroña para a ampliación do monte veciñal en man común de Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O Sobrado, no concello de Porto do Son.

BOP A Coruña 5 DE FEBREIRO (24)

OROSO

Forestal.- Aprobación inicial da Ordenanza do Concello de Oroso para a protección e conservación dos camiños e vías de titularidade municipal en relación coas operacións de corta e saca de madeira.

BOP Pontevedra 5 DE XANEIRO (24)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Convocatoria.- Convocatoria e bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social en 2026. (Extracto)