DOG 9 DE FEBREIRO (26)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Corrección de erros.- da Orde do 16 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2026 (código de procedemento TR880A). (Substitúese o anexo coa relación de concellos emprendedores de Galicia)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convenios.- Resolución do 22 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2025. (61,12M€ a SEAGA para a consolidación do sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias)
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Formación en PRL.- Resolución do 2 de febreiro de 2026 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Corrección de erros.- da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes) para os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A). (Corríxese o anexo coa relación de sociedades de garantía recíproca e entidades de crédito adheridas)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Solo.- Anuncio do 22 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan básico municipal do concello de Chandrexa de Queixa (expediente 2025AAE3044).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 22 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se publica a resolución de non inicio do procedemento de clasificación do monte veciñal en man común Dombrete, no concello de Sobrado.
AUGAS DE GALICIA
Aproveitamento de augas.- Anuncio do 16 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Portas (expediente DH.A36.112442). (Comunidade de Regantes de Romai Vello)
BOP Pontevedra 9 DE FEBREIRO (26)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Convocatoria.- Bases reguladoras da terceira convocatoria do Plan +Xuventude para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas á posta en marcha de iniciativas de interese social promovidas pola xuventude da provincia de Pontevedra durante o ano 2026 (Extracto)


