NORMATIVA DO DÍA 12 DE FEBREIRO DE 2026

Procedemento de presentación de solicitudes de arrendamento de predios do Banco de Terras no estado de dispoñible sen concorrencia.

BOE 12 DE FEBREIRO (38)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. por el que se hace público el otorgamiento de la concesión para el aprovechamiento de 1,75 l/s de agua procedente de la Fonte de Cota y dos pozos en Portagándara, parroquia de O Buriz (San Pedro), en el término municipal de Guitiriz (Lugo) para usos ganaderos. Expediente: A/27/29431.

DOG 12 DE FEBREIRO (29)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Banco de Terras.- Orde do 10 de febreiro de 2026 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia no estado de dispoñible sen concorrencia (código de procedemento MR711G).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Cambio de uso.- Anuncio do 30 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas para viñedo na parroquia de Soutelo, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra) (expediente 2024/0182). (Bodegas Eidosela, S.C.G.)

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Levantamento de actas.- Resolución do 28 de xaneiro de 2026, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria.Treito Nadela-A Pobra de San Xiao, de clave LU/21/218.01, nos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo.

BOP Lugo 12 DE FEBREIRO (35)

A PASTORIZA

Forestal.- Aprobación definitiva da ordenanza reguladora da corta e saca de madeira.

BOP Ourense 12 DE FEBREIRO (29)

TABOADELA

Forestal.- Aprobación definitiva da Ordenanza municipal para a protección e conservación das vías públicas municipais en relación coas operacións forestais de corta, saca, depósito e transporte de madeira.