NORMATIVA DO DÍA 5 DE MARZO DE 2026

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 5 DE MARZO (43)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Concesións.- Resolución do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR353D).

Concesións.- Resolución do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR790A).

Concesións.- Resolución do 25 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.- da Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D). (Data de inscrición no RESAXEGA da entidade que presta o servizo de asesoramento)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 25 de febreiro de 2026 pola que se convoca o Programa de avais para a adquisición de vivenda, e se dá publicidade ao convenio que se asinará entre este instituto e as entidades financeiras para a súa concesión para a anualidade 2026 (código de procedemento VI402B).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Instalación eléctrica.- Anuncio do 20 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CT e RBT no lugar de Campos, no termo municipal de Muxía (expediente 2024/0190).

BOP Ourense 5 DE MARZO (43)

DELEGACION DE ECONOMIA Y HACIENDA

Terras.- Resolución da Delegación de Economía e Facenda en Ourense de convocatoria de procedemento de alleamento en poxa pública de 66 lotes (65 lotes de concentración parcelaria e 1 lote de dous inmobles urbanos dun ab intestato) propiedade da Administración Xeral do Estado nos termos municipais de Cualedro, Xunqueira de Ambía, Baltar, Verín, Oímbra, Ramirás, Porqueira e Carballeda de Valdeorras.