DOG 9 DE MARZO (45)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 26 de febreiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2026 (códigos de procedemento MR404A e MR405F). (Extracto) (Convócanse estas dúas liñas:
MR404A.- Establecemento de persoas agricultoras mozas e MR405F.- Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
As solicitudes de axuda presentadas na convocatoria 2025 respecto das cales non se ditou resolución expresa, teranse en conta nesta convocatoria de 2026, cos requisitos e condicións previstos nesta convocatoria 2026, sen necesidade de que as persoas interesadas presenten unha nova solicitude. Para eses casos os prazos de investimentos, idade ou período en que se teñen que cumprir as condicións de xefe de explotación, terase en conta a data de presentación da solicitude da convocatoria 2025.
No caso de que unha persoa solicitante da convocatoria 2025 opte por presentar unha nova solicitude ao abeiro desta convocatoria de 2026, entenderase que desiste da primeira, caso en que terá en conta para todos os efectos a solicitude presentada en 2026, e non será de aplicación a excepción para as datas de 2025.)
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Formación.- Resolución do 27 de febreiro de 2026 pola que se convoca unha actividade formativa de prevención de riscos laborais e intervención en incendios forestais e continxencias no medio rural e medio natural.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Viño.- Resolución do 6 de febreiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Bodega Cooperativa Jesús Nazareno, S. Coop. Galega.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 13 de febreiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Vilaboa, no concello de Allariz.
CMVMC.- Edicto do 13 de febreiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Casa Rica, no concello de Allariz.
BOP A Coruña 9 DE MARZO (45)
CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA Y NAVEGACIÓN. SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convocatoria.- de ayudas Programa Pyme Digital 2026. Cámara de Comercio de Santiago.
BOP Ourense 9 DE MARZO (45)
COMUNIDADE DE REGANTES DE SAN MARTIÑO (COLES)
Asemblea.- Convocatoria da Asemblea xeral ordinaria da Comunidade de Regantes San Martiño do Sobral (Coles).


