Cambados, 27 de marzo de 2026.- Unións Agrarias logrou, gracias á presión social exercida polas asembleas de produtores, que se retirasen do pleno do Consello Regulador da DO Rías Baixas as propostas de Sindicato Labrego e ASAGA para a redución de rendementos de 12.000 a 10.000 quilos de uva a produción permitida por hectárea. Unha acción que UUAA considera que era totalmente inxustificada e inasumible polo grave perxuízo que xeraría para os pequenos viticultores en toda a denominación de orixe e, sobre todo, no Salnés.
A iniciativa que se pretendía apoiar no Consello Regulador implicaría un recorte inasumible que suporía deixar os ingresos de 3.600 pequenos produtores por debaixo do salario mínimo interprofesional. Así o apunta Unións Agrarias, que tamén chama a atención sobre a necesidade de que a Consellería do Medio Rural poña an marcha o observatorio de prezos para viticultura, similar ao que xa funciona no sector cárnico, que cifre de xeito claro os custes de produción para unha relación contratual mais xusta e estable.
Unións Agrarias lembra que hai 2 anos o Consello Regulador encargou un plan estratéxico que recolle unhas posibilidades de crecemento de plantacións de ata 900 hectáreas. E agora, cando aínda non se chegou a ese cupo, sen saber por qué e sen ningún tipo de análise por parte dos técnicos preténdíase regular sobre a produción de uvas de xeito torticeiro. Neste sentido, desde Unións Agrarias pídese información sobre a situación na que se atopa o estudios e o nivel de cumprimento do mesmo.
Unións Agrarias pon o foco sobre o risco de desabastecemento e perda de mercados que podería implicar apostar por unha redución de rendementos desta magnitude. «Pretender reducir 2.000 quilos por hectárea supón asumir unha redución da produción sen saber como vai vir o ano vitivinícola». Algo tan perigoso como inxustificado despois dunha colleita calificada de excelente polo propio Consello Regulador, nun ano no que se incrementaron as vendas e tamén as exportacións.
UUAA insta a poñer couto á tentativa de trasladar os problemas de acumulación de stock e mala xestión dalgunhas adegas ao conxunto da DO, «que non está padecendo ese suposto problema de excedente. Tamén que de cara ás vindeiras elecccións ao Consello Regulador é preciso cambiar a normativa para evitar que haxa adegas incritas como viticultores porque se vicia o sentido do voto nos plenos. «O que queremos é que as uvas que están nas parras, que son reais, teñan cobertura», asevera Unións Agrarias, que insta a garantir o cumprimento das condicións recollidas no regulamento do Consello Regulador e a evitar que quede uva nas vides, así como a entrada de uva do mercado negro ou a existencia de cupos fantasma.


