Santiago, 24 de abril de 2026.- A asociación de representación das grandes cadeas de distribución coincide con Unións Agrarias na necesidade de primar na venda de leite e derivados a orixe e o envasado en España. Con este obxectivo se vai a incidir na recomendación en que a comercialización da propia marca branca dos superficies comercias se rexa por esta filosofía. Unha proposta que veu a luz nunha reunión mantida onte en Madrid polo secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García xunto secretario de Ganadería de UPA, Xosé Ramón González, co director general e o secretario general técnico da Asociación Española de Distribuidores, Autoservicios y Supermercados, (ASEDAS), Ignacio García Magarzo e Felipe Medina Martín, respectivamente.
Con esta iniciativa trátase de poñer coto aos efectos os efectos directos nas rendas dos produtores lácteos galegos da baixada salvaxe nas cotizacións levada a cabo polas industrias. Por parte de ASEDAS,- que representa ao 80% dos supermercados en España con 19.400 establecementos adheridos- manifestaron unha total solidaridade coa situación dos gandeiros e apelan a industria a voltar a unha senda estrita de criterios de mercado a hora de asinar contratos de aprovisionamento.
Desde a organización agraria fíxose especial fincapé na perda de posicións de Galicia no prezo medio que recibe polo leite, con diferenciais coas comunidades autónomas veciñas de Castela e León e Asturias de 13,5 % e 24,3%, respectivamente. Para o conxunto da base de ganderías galegas prevese, senón hai corrección, unha caída nas rendas de mais de 186 millóns de Euros distribuídos nunha media de 38.000 Euros entre as 4.893 explotacións que seguen abertas. Unións Agrarias coincidiu con ASEDAS que deben modificarse os contratos de recollida do leite que, foron impostos de xeito unilateral polas industrias e asinados debido ás presións e o medo dos produtores a que se lles paralizase a recollida porque é unha práctica, a de adhesión, que vai contra o bo funcionamento da cadea de valor do produto.
Unións Agrarias insiste na irresponsabilidade amosada ocasión pola firmas lácteas resulta aínda maior xa que nos atopamos nun momento especialmente complicado polo incremento brutal dos custes de produción pola guerra en Irán. E todo iso no momento de maior consumo por parte das explotacións pola operativa dos traballos no campo. Por todo fai un chamamos a responsabilidade das industrias porque neste contexto tan adverso poden pechar moitos produtores, sobre todo os mais novos que veñen de incorporarse e están pagando as melloras nas explotacións para ser mais competitivos.
Recentemente, UUAA denunciou ante a AICA que toda esta situación se deriva de que se está formando un novo Cártel do Leite mais sofisticado, con prácticas de concertación ilegal de prezo por parte das industrias para forzar as caídas de cotizacións nas explotacións mais grandes. Unha actuación inaceptable que bate frontalmente coas obrigas que marca a Lei de Cadea Alimentaria. Unións Agrarias lembra que a lexislación é clara á hora de establecer unha formación de prezos dende abaixo arriba, e pregúntase como é posible que cunha suba de custos de 6 cts/l as industrias baixen 8 cts/l. A organización, que tamén ten posto estes feitos en coñecemento da Fiscalía, insta tamén á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia a actuar penalmente contra as industrias que están a importar leite de terceiros países a prezos de derribo.


