NORMATIVA DO DÍA 30 DE ABRIL DE 2026

Programa Marela da Deputación de Lugo.

DOG 30 DE ABRIL (80)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Encomenda.- Resolución do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se lle dá publicidade ao encargo á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) para a execución dos traballos de retirada e destrución de niños incluídos no Programa galego de vixilancia e control fronte á avespa asiática (Vespa velutina) no ano 2026. (1,77M€ de abril a decembro).

BOP A Coruña 30 DE ABRIL (80)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Extracto.- da Resolución número 16351, do 20 de abril de 2026 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao VIII Premio “Luisa Villalta” a proxectos pola igualdade. (PREM-LV/2026).

Extracto.- da Resolución número 17720, do 24 de abril de 2026 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao X Premio «Begoña Caamaño» á acción cultural pola igualdade de xénero. (PREM-BC/2026).

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA, SERVICIOS Y NAVEGACIÓN. A CORUÑA

Extracto.- de la Convocatoria Pública de Ayudas Xpande Digital para el desarrollo de estrategias de internacionalización digital en la anualidad 2026

BOP Lugo 30 DE ABRIL (97)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- Extracto do acordo da xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo, adoptado en sesión celebrada o 24 de abril de 2026, polo que se aproba a convocatoria e bases que canalizarán as subvencións, en réxime abreviado de concorrencia competitiva, para a promoción e potenciación de reprodutoras inscritas no rexistro definitivo do libro xenealóxico da raza rubia galega nas explotacións da provincia de Lugo, Anualidade 2026 “Programa Marela” (Extracto)