DOG 4 DE MAIO (81)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Corrección de erros.- da Orde do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (código de procedemento TR380A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Extracto do 16 de abril de 2026 da Resolución do 14 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Monte Chan, situado nos concellos de Camariñas, Laxe e Vimianzo (A Coruña), promovido por EDP Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2020/062).
Parques eólicos.- Extracto do 16 de abril de 2026 da Resolución do 14 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se denega a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e se arquiva o expediente instruído do parque eólico Soesto, situado nos concellos de Laxe e de Vimianzo (A Coruña), promovido por EDP Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2020/073B).
AUGAS DE GALICIA
Aproveitamento de augas.- Anuncio do 5 de decembro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de cambio de titularidade e modificación de concesión de augas no concello de Boqueixón (expediente DH.A15.67253). (De Viñedos Altos de Torona, S.L. e Bodegas Altos de Torona á Comunidade de Regantes de Donas-Subcira)


