NORMATIVA DO DÍA 13 DE MAIO DE 2026

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 13 DE MAIO (116)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de extinción del aprovechamiento de 0,055 l/s de agua procedente de una mina sita en la finca Xesteira, en el lugar de Airexiña, parroquia de Buciños, término municipal de Carballedo (Lugo), con destino a uso ganadero. Expediente: A/27/02711/E.

DOG 13 DE MAIO (88)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Solo.- Anuncio do 28 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan básico municipal do concello de Pantón (expediente 2026AAE3065).

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Modificación dos estatutos.- Resolución do 23 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación total dos estatutos sociais da entidade Gandeiros de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega, como consecuencia do cambio de clase da cooperativa, de cooperativa de explotación comunitaria da terra a cooperativa agraria.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 27 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade da Resolución do 16 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Briallos (Portas, Pontevedra).

BOP Ourense 13 DE MAIO (87)

ESGOS

Incendios.- Aprobación definitiva da modificación do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

A MEZQUITA

Madeira.- Exposición pública da aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da protección e conservación de camiños e vías de titularidade municipal en relación coas operacións de curta e saca de madeira.