BOE 15 DE MAIO (118)
III. OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO DE TRABAJO Y ECONOMÍA SOCIAL
Formación.- Resolución de 8 de mayo de 2026, de la Dirección General del Servicio Público de Empleo Estatal, por la que se establece el proceso de autoevaluación y certificación de la formación en materia preventiva realizada por las personas trabajadoras en el ámbito de la relación laboral de carácter especial del servicio del hogar familiar.
DOG 15 DE MAIO (89)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Convocatoria.- Orde do 5 de maio de 2026, conxunta da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se establecen as bases reguladoras destinadas á concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a rehabilitación de vivendas destinadas a vivenda habitual de persoas traballadoras con contrato de traballo con empresas que dispoñan de centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (códigos de procedemento TR358E e TR358F). (Extracto).
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Redistribución do orzamento.- Resolución do 12 de maio de 2026 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2026, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Modificación das bases.- Resolución do 8 de maio de 2026 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba a modificación das bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia para os anos 2026-2027 (código de procedemento IG408B). (Maior apoio ás empresas galegas que operan nos mercados afectados polo conflito bélico de Oriente Medio)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Materiais Forestais de Reprodución.- Resolución do 28 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación dunha unidade de admisión e a súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.
BOP A Coruña 15 DE MAIO (90)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa de subvencións ás entidades asociativas, federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras e forestais da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2026 (FO028A)
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa DP0042A: programa de subvencións dirixido a asociacións de veciños de concellos de menos de 50.000 habitantes e asociacións de mulleres da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica no ano 2026.
BOP Pontevedra 15 DE MAIO (91)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Poxa de gando.- Licitación para o alleamento , mediante poxa publica de gando vacún da finca de Mouriscade.
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Caza.- Expediente de segregación dos terreos do monte veciñal en man común de Corredoira pertencente á parroquia de Corredoira, do TECOR Coirego.
Caza.- Expediente de segregación dos terreos do monte veciñal en man común- Tecor Dozón (Concello de Dozón)


