LOITAR CONTRA DO DESPERDICIO ALIMENTARIO VALORIZANDO AO AGRO

UUAA lembra que os produtores deixan froitos no campo cando nin cubre recolleitalos

Santiago, 9 de xuño de 2026.- A Xunta de Galicia vén de anunciar a posta en marcha da súa primeira estratexia contra o desperdicio alimentario, no marco do desenvolvemento e aplicación da Lei estatal 1/2025 de prevención das perdas e o desperdicio alimentario. Esta normativa obriga a avanzar cara a unha mellor planificación, prevención e aproveitamento dos alimentos ao longo de toda a cadea, desde a produción primaria ata o consumo final.

Unións Agrarias, apoia loxicamente todas as iniciativas que melloren ó acceso aos alimentos das persoas e a optimizacións dos recursos naturais, porque para os  agricultores e gandeiros que se desperdicie é un fracaso sempre, pero hai que ter en conta que non depende deles case nunca. A iniciativa do Goberno galego será positiva  sempre e cando conleve un orzamento que axude ós produtores a cubrir os custes de esa comida xa que nalgunha ocasión ante caídas de mercado vimos como quedaba en campo algún froito por significar un coste inasumible o recollelo. Tamén os efectos dunha seca, unha xeada, unha tormenta excepcional pode facer inviable unha colleita e neses caso hai que prever que se fai cos froitos danados.

Por outra banda, nalgún caso non foi posible desenmarañar administrativamente a posibilidade de enviar a bancos de alimentos (que soen ter dificultades cos produtos frescos para almacenalos e distribuilos) e para organizacións sociais. Que todo esto se desbloquee e axilice está ben, pero sempre axudando tamén ó produtor que é o que sempre incurre en custos para que ese produto exista.

A proposta da Xunta non se limita a retirar excedentes para fins asistenciais, senón que pretende darlles valor económico a produtos agrarios que seguen sendo aptos, aínda que non cumpran cos estándares visuais do mercado. Se se executa correctamente, pode contribuír non só a reducir desperdicio na orixe da cadea produtiva e de valor, senón tamén a recuperar renda agraria e a recoñecer que moitos alimentos descartados non son residuos, senón produción válida á que cómpre atoparlle un destino comercial axeitado. Haberá que agardar a dotación orzamentaria e a disposición da mesma para avaliar a súa efectividade.

Existen xa outras iniciativas noutras comunidades autónomas orientadas á redución do desperdicio alimentario no ámbito da produción, especialmente en ámbitos como a doazón, o aproveitamento social de excedentes. A singularidade da medida galega está en que, polo menos no seu plantexamento inicial, pon o foco no produtor primario para que recupere valor, e non unicamente na distribución, na restauración ou na doazón alimentaria.

En España, en 2024 en termos individuais, o desperdicio nos fogares equivale a arredor de 24 kg por persoa e ano, un 3,7% da compra. Traducido ao volume de compra, por cada 100 kg adquiridos polos fogares tiráronse aproximadamente 3,7 kg.

Si vamos a termos económicos, o gasto alimentario no fogar sitúase arredor dos 1.800 euros por persoa e ano, cun desperdicio do 3.7% anual se avaliaría no entorno de 65-70 euros por persoa e ano, con variacións segundo o tipo de produto desperdiciado.

Polo tanto, desde a perspectiva familiar, non parece unha porcentaxe desmesurada do gasto anual en alimentación, entre outras cousas porque a nivel familiar xa hai unha gran presión no custe da cesta da compra, como para desperdiciar alimentos. A iniciativa da Xunta debe diferenciarse neste contexto. A plataforma para produtos “imperfectos” non está orientada a resolver o groso do desperdicio doméstico, senón a actuar sobre unha bolsa concreta de perdas en orixe e comercialización: produtos aptos para o consumo que quedan fóra do mercado por criterios estéticos ou comerciais.

O seu principal valor estará en ofrecer unha segunda vía comercial para produtores agrarios, especialmente no caso de froitas e hortalizas, e en conectar eses lotes con comedores colectivos, industria transformadora ou canles de proximidade. Ben deseñada, pode reducir perdas económicas puntuais nas explotacións e transformar un produto con baixo valor comercial nun recurso alimentario útil.