BOE 17 DE XUÑO (147)
V. ANUNCIOS
MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO
Aprovechamiento de aguas.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de concesión para el aprovechamiento de 4,814 l/s de agua procedente de cuatro (4) pozos situados en la parroquia de Ganade (San Bartolomeu), término municipal de Xinzo de Limia (Ourense), con destino a uso doméstico, riego y uso ganadero. Modificación de características y cambio de titularidad.
DOG 17 DE XUÑO (112)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE VIVENDA E PLANIFICACIÓN DE INFRAESTRUTURAS
Solo.- Resolución do 1 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproba a décima actualización do Plan básico autonómico de Galicia.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Fertilización.- Orde do 5 de xuño de 2026 pola que se establecen os formularios normalizados para a inscrición de fabricantes e outros axentes económicos no Rexistro Xeral de Fabricantes e outros axentes económicos de produtos fertilizantes (Regfer) (códigos de procedemento MR370A, MR370B).
Ampliación do orzamento.- Orde do 10 de xuño de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 29 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR443A). (Extracto) (9,5M€+1,53M€=11,033M€)
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Delegación de competencias.- Resolución do 9 xuño de 2026 pola que se publica a delegación de competencias do Consello de Dirección na persoa titular da Presidencia e na persoa titular da Dirección Xeral da Axencia.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Extracto da Resolución do 29 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se arquiva a solicitude de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución do parque eólico Ampliación Deva II, situado nos concellos da Caniza e de Covelo (Pontevedra) e de Melón (Ourense), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (expediente IN661A 01/10-DXIEM).
Autorizacións ambientais integradas.- Anuncio do 1 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros. (Inleit Ingredientes, S.L.U.)
Cambio de uso.- Anuncio do 3 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de funcionalidade ou uso de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Fiz de Rozas, no concello de Portomarín (expediente 2024/0228).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 25 de maio de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa ao deslindamento dos montes veciñais en man común Comunal de Córcores e mais Comunal de Couso, no concello de Avión.
CMVMC.- Anuncio do 29 de maio de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Coto de Sobrado, no concello da Pobra de Trives.
BOP A Coruña 17 DE XUÑO (113)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa FOENAA dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2026.
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de subvencións de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo a persoas autónomas en concellos de menos de 10.000 habitantes (PEL-AUTONOMOS/AS/2026)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convocatoria.- Convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de programas e actividades a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes, das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e da prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2026.
BOP Ourense 17 DE XUÑO (113)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Expropiación.- Relación de propietarios/as, bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa para execución das obras: Acondicionamento da OU-0304 A Armada (OU-404) – Astariz (OU-402). Fase-3 PK 8+989 – PK 9+518. Clave: 26 prx 0007, no Concello de Castrelo de Miño.
BOP Pontevedra 17 DE XUÑO (114)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Convocatoria.- Bases reguladoras da primeira convocatoria de axudas para financiar bens e servizos en eventos ou actividades realizados por asociacións de veciñas e veciños e de mulleres rurais na provincia de Pontevedra no ano 2026. (Extracto)


