NORMATIVA DO DÍA 22 DE XUÑO DE 2026

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 22 DE XUÑO (151)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Corta.- Anuncio de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. de información pública del expediente de autorización para la corta de 80 árboles (chopos, pinos y robles), en ambas márgenes del Rego de Pantrigal, parcela 509-polígono 86 en el Comunidad de Montes Vecinales en Mano Común de Rebordaos, parroquia de Rebordaos (Santalla) ,del término municipal de O Saviñao (Lugo).

DOG 22 DE XUÑO (115)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

Premios.- Resolución do 4 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2026 (TR802Q).

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Webinario.- Resolución do 12 de xuño de 2026 pola que se convoca o webinario Responsabilidade patrimonial polos danos derivados das medidas adoptadas ou non adoptadas nos casos de crises e emerxencias causadas por catástrofes naturais. (Tamén para xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Parques eólicos.- Resolución do 12 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Ampliación Monciro, sito nos concellos de Castroverde e Pol (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A/2023/002). (Extracto)

Parques eólicos.- Resolución do 12 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgan a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Montelora e das súas infraestruturas de evacuación, sito nos concellos de Láncara, Baralla, Castroverde e Baleira (Lugo) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2017/009). (Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Piñeiro.- Resolución do 26 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión de Pinus sylvestris e á súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 3 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican a aprobación das bases da reestruturación parcelaria, o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Riomol (Castroverde-Lugo).

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 4 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de aprobación das bases de reestruturación parcelaria, do Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e de modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Viladonga (Castro de Rei-Lugo).

AUGAS DE GALICIA

Aproveitamento de augas.- Anuncio do 9 de marzo de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Silleda (expediente DH.A36.107800).