NORMATIVA DO DÍA 25 DE XUÑO DE 2026

“Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.”

DOG 25 DE XUÑO (117)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Convocatoria.- ORDE do 12 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D). (Extracto).

CONSELERIA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

Corrección de erros.- Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.

AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA

Convocatoria.- RESOLUCIÓN do 11 de xuño 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria, e se convocan para o curso académico 2026/27 (código de procedemento MR207A).

BOP OURENSE 25 DE XUÑO (118)

IV. ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE TOÉN

Convocatoria.- Extracto da convocatoria de subvencións para asociacións de veciños/as e outras entidades sen ánimo de lucro do Concello de Toén para o ano 2026.