DOG 29 DE XUÑO (119)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
Regulación- ORDE do 23 de xuño de 2026 pola que se regula a utilización de maquinaria durante a época de perigo alto, nos supostos de índice de risco de incendio forestal moi alto ou extremo.
AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
Concesión.- RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2026, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan, por anticipado de gasto para o ano 2026, as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde no contorno laboral da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).
IV. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a varias persoas interesadas trámites de audiencia e resolucións de modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Monte Val do Vea-sector II (A Estrada-Pontevedra).


