DOG 5 DE AGOSTO (146)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Ampliación do orzamento.- Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A). (11M€+4M€=15,01M€)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Acordo do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o estudo de impacto ambiental dos proxectos do parque eólico Repotenciación Barbanza I (expediente IN408A 2025/007) e do parque eólico Repotenciación Barbanza II (expediente IN408A 2025/006), situados nos concellos do Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e Boiro (A Coruña).
Cambio de uso.- Anuncio do 23 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto Cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela, para viñedo, na parroquia de Arcos, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense) (expediente 2024/0303). (María Alijo Prada 1,36 ha)
BOP Lugo 5 DE AGOSTO (177)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Concesións.- Resolución provisional da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actividades de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.


