NORMATIVA DO DÍA 11 DE AGOSTO DE 2026

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 11 DE AGOSTO (150)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS614B). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Explotación.- Anuncio do 29 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de gando vacún de leite no lugar do Bidueiro, na parroquia de Nodar, no concello de Friol (Lugo) (expediente 2025/0176). (SAT Os Carrís 1253 Xuga )

Cambio de uso.- Anuncio do 30 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela, para viñedo, na parroquia de Soutipedre, no concello de Manzaneda (Ourense) (expediente 2025/0121). (Vinos Telmo Rodríguez, S.L.)

BOP A Coruña 11 DE AGOSTO (151)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convenio.- Extracto dos acordos aprobados no pleno ordinario do 31 de xullo de 2026.

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto.- do Acordo de data 27/07/2026 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases reguladoras e convocatoria de axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social de Santiago de Compostela 2026