DOG 19 DE AGOSTO (156)
III. OUTRAS DISPOSICIONS
CONSELLERIA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
Ampliación de crédito.- ORDE do 12 de agosto de 2026 pola que se amplía e redistribúe o crédito orzamentario autorizado da Orde do 5 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026, tramitada como anticipada de gasto (código de procedemento IN223A).
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ampliación de crédito.- ORDE do 17 de agosto de 2026 pola que se reaxustan os importes das anualidades da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Concesións.- RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxía fotovoltaica no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421N e IN421O).
INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO
Convocatoria.- RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501B).(Extracto)
IV. ANUNCIOS
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Declaración impacto ambiental.- ANUNCIO do 6 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Edreira I modificado e parque eólico Ampliación Edreira I, no concello da Lama (Pontevedra) (expediente 2026/0101).
BOP Coruña 19 DE AGOSTO (157)
DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO
Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao Programa FOENAA dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica ano 2026.
BOP/OU 19 DE AGOSTO (157)
IV. ENTIDADES LOCAIS
CONCELLO DO BOLO
Exposición pública.- Exposición pública da aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da limpeza de terreos, distancia das plantacións e xestión da biomasa forestal do Concello do Bolo.


