NORMATIVA DO DÍA 20 DE AGOSTO DE 2026

“Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.”

DOG 20 DE AGOSTO (157)

III. OUTRAS DISPOSICIONS

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Orzamentos GDR.- RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2026 pola que se modifica o Acordo do Consello de Dirección, do 17 de decembro de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e pola que se anuncia a convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MR701L).

IV. ANUNCIOS

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS

Actas previas á ocupación.- RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para a redacción das actas previas á ocupación e para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de trazado da senda na AC-542 en Ordes, de clave AC/23/204.06, nos concellos de Ordes e Carral.

BOP LUGO 20 DE AGOSTO

EXCMA.DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO

ÁREA DE MEDIO AMBIENTE

Concesións.- Resolución provisional da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses para proxectos de investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2026.