UUAA PIDE AXILIDADE NAS OBRAS DE RECUPERACIÓN DA COMARCA DE VIANA

As inundacións de xuño xunto aos incendios do ano pasado teñen a zona colapsada

Viana, 21 de agosto de 2026.- Unións Agrarias ven de reclamar reunións urxentes con todas as administración implicadas no plan de investimento e obras para a recuperación das zonas do concello de Viana do Bolo que resultaron afectadas polas inundacións catastróficas do pasado mes de xuño. A organización, logo de ter un encontro cos veciños no día de onte en Viana do Bolo, acordou poñer en coñecemento a inquedanza que reina nas parroquias asulagadas pola lentitude tanto da valoracións de danos como na posta en marcha de obras de recuperación a realizar cos preto de 9 millóns de euros orzamentados polo Ministerio de Transformación Ecolóxica.

Hai que lembrar a intensa choiva arrastrou a lama, as cinzas e os troncos acumulados nos montes que, desprovistos de capa vexetal tras los devastadores incendios do pasado verán, foron incapaces de reter a auga. Esta enchente no regueiro Canela arrasou todas as infraestruturas de servizos (estradas, enerxía, comunicacións) que deixou illadas a moitas aldeas e parroquias. As perdas nos bens nas vivendas e explotacións agrogandeiras son altísimos polo que desde a organización agraria non se entende a lentitude na posta en marcha das ferramentas necesarias para recuperar unha zona afectada que se estende en mais de 10 quilómetros.

Neste sentido, desde UUAA remitíronse hoxe escritos ao concello de Viana do Bolo, Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para manter encontros co gallo de coñecer as iniciativas que se teñen tomado para evitar que ante a chegada do outono se agraven os danos xa existentes e que están pendentes de afrontar. Na mesma xuntanza acordouse solicitar a Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural unha reunión para coñecer o nivel de execución do traballos de recuperación dos espazo queimado nos incendios do ano pasado que deixaron arrasados os terreos de 6 comunidades de montes da comarca. Nada parece indicar que se habilitaran plans de continxencia que eviten que volva a repetirse unha traxedia similar a curto prazo e continúan pendentes moitas das reparacións das infraestruturas que se estragaron co lume forestal.