Santiago, 25 de agosto de 2026.- Unións Agrarias alerta da forte suba das materias primas que serven de base na composición dos pensos e concentrados con destino a alimentación animal. Nas táboas do último mes cotizado da Lonxa de Barcelona, vese como en xullo a cebada nacional se incrementou nun 11,27 %, pasando de 213 Euros/Tonelada a 237 Euros.
O mesmo ocorre coa polpa de remolacha que se encareceu un 6,20% (258/274 Euros). O millo de importación subiu un 12,12% (330/370 Euros) e sobre todo a soia de importación, que se disparou un 15,85 % (328/380 Euros).
O incremento nas cotizacións deste catro cereais resultan especialmente graves porque supoñen, dependendo da composición, a base nun 80 ou 90% dos concentrados e pensos destinados alimentación animal. Neste contexto hai que lembrar que cada vaca pode chegar a consumir entre 14 ou 15 quilos diarios deste tipo de preparados. A seca e a inestabilidade xeopolítica están a ser os motores polos que os prezos dos insumos das granxas están tomando altura, o mesmo ocorre co gasoil agrícola ou os fertilizantes que no dato interanual escalaron un 15,7% e un 45% respectivamente.
A organización agraria pon estes datos enriba da mesa para que o sector industrial e tamén a administracións tomen nota dos custes de produción diante da próxima renovación de contratos do leite do mes de novembro e ademais, insiste en que a falta severa de choivas xa trouxo perdas de 164,1 millóns de euros na produción de forraxes e pradarías para a alimentación do gando en Galicia ata a primeira semana de agosto. Una situación resulta particularmente preocupante nas explotacións leiteiras, nas que a alimentación representa arredor do 60% dos custos de produción.
A menor dispoñibilidade de forraxes e prados propios está obrigando a numerosas granxas a incrementar as compras de alimentos durante os próximos meses, polo que o impacto económico da seca non rematará coa colleita, senón que se trasladará aos custos de produción ata a seguinte campaña, debido a dificultade de atopar alimentación animal alternativa a prezos competitivos.
No conxunto estas circunstancias van a supoñer un incremento de 4 ou 5 cts por litro de leite producido e terá especial incidencia nas explotacións pequenas e medianas que cobran en Galicia 6,5 cts de leite por litro menos que as mais grandes.
| PRODUCTO | Semana 2, 7/1/2026 | Semana 31, 28/07/2026 | diferencia | dif. en % |
| Cebada nacional P.E. (64) | 213 | 237 | 24 | 11,27% |
| Colza de importación 34/36 % | 242 | 285 | 43 | 17,77% |
| Polpa de remolacha | 258 | 274 | 16 | 6,20% |
| Millo de importación | 215 | 247 | 32 | 14,88% |
| Solla importación 47 % | 328 | 380 | 52 | 15,85% |
| Fariña solla nacional 47 % | 328 | 380 | 52 | 15,85% |


