UUAA PIDE Á DEPUTACIÓN DE OURENSE AXILIDADE NAS OBRAS DE RECUPERACIÓN DAS INFRAESTRUTURAS NA COMARCA DE VIANA

A organización valora positivamente a acollida do presidente á petición dos afectados

Ourense, 27 de agosto de 2026.- Unións Agrarias trasladoulle a Deputación Provincial de Ourense a necesidade de axilizar os prazos nos proxectos e nas obras de recuperación nas zonas afectadas polas enchentes catastróficas do pasado mes de xuño en diversas localidades da comarca de Viana do Bolo.

Na reunión, que tivo lugar na mañá de hoxe na capital ourensá, participou o presidente da institución provincial, Luís Menor que lle trasladou ao vicesecretario xeral de UUAA, Félix Porto, e a María Páez, responsable de UUAA en Viana do Bolo, a total implicación para tratar de reabrir no menor tempo posible as vías de comunicación da súa competencia que resultaron afectadas pola crecida das augas do regueiro Canela.

A organización agraria foi acompañada a reunión na deputación por representantes de comunidades de montes e tamén de asociacións de veciños, con amplas zonas afectadas polas inundacións. No encontro Félix Porto agradecía “a comprensión e o compromiso de Luís Menor porque as perdas nos bens nas vivendas e explotacións agrogandeiras son altísimos” e engadeu que UUAA vai a seguir insistindo tamén coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Consellería do Medio Rural para a posta en marcha inmediata dos investimentos  preto de 9 millóns de euros orzamentados polo Ministerio de Transformación Ecolóxica.

Hai que lembrar a intensa choiva arrastrou a lama, as cinzas e os troncos acumulados nos montes que, desprovistos de capa vexetal tras los devastadores incendios do pasado verán, foron incapaces de reter a auga e arrasou todas as infraestruturas de servizos (estradas, enerxía, comunicacións) que deixou illadas a moitas aldeas e parroquias.