DOG 28 DE AGOSTO (163)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Medidas Cautelares Dermatose.– RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se adoptan medidas cautelares en relación á dermatose nodular contaxiosa.(Prórroga ata o 30 de setembro)
AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA
Concesión.– RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2026 pola que se publica a Resolución do 19 de agosto de 2026 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas e a listaxe de agarda no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2026/27 (código de procedemento MR207A).(Listado)
IV. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
CMVMC.– ANUNCIO do 18 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Xea, no concello de Lobios.
CMVMC.– ANUNCIO do 19 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Monte de Entrecinsa, no concello de Vilariño de Conso.
CMVMC.– ANUNCIO do 19 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común da Espasa, no concello de Chandrexa de Queixa.


