NORMATIVA DO DÍA 28 DE SETEMBRO DO 2026

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 28 DE SETEMBRO (239)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Parques eólicos.- Resolución de 2 de septiembre de 2026, de la Dirección General de Política Energética y Minas, por la que se corrigen errores en la de 19 de junio de 2026, por la que se desestima la solicitud de Maracaibo Solar, SL, de autorización administrativa previa del parque eólico «Satrebares», de 125 MW de potencia instalada, y de su infraestructura de evacuación, en las provincias de Lugo y A Coruña. (Monfero, Aranga, Curtis, Oza Cesuras y Abegondo, en la provincia de A Coruña, y Guitiriz, en la provincia de Lugo)

DOG 28 DE SETEMBRO (184)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

Requirimentos.- Resolución do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 31 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2026, 2027 e 2028, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

Convenios.- Resolución do 18 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2026.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

Información pública.- Anuncio do 1 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a explotación avícola de galiñas poñedoras situada en Leira Nova, concello de Agolada-Pontevedra (expediente 2026-IPPC-I-32).