Estas son as peticións conxuntas acordadas por Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Asociación Agraria de Galicia:

 

1. PREZOS XUSTOS PARA OS NOSOS PRODUTOS.
Eliminación da especulación, e creación de índices de referencia dos custos de produción nos diferentes sectores , incluíndo unha remuneración digna do traballo das produtoras e produtores, e mecanismos para facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria e acabar con prácticas e marxes abusivas.


2. REXEITAMENTO OS TRATADOS DE LIBRE COMERCIO (MERCOSUR), QUE POÑAN EN PERIGO AS NOSAS PRODUCIÓNS, e priorizar as nosas producións fronte a terceiros países que comercializan ca UE.

 

3. ELIMINAR A BUROCRATIZACIÓN QUE NOS ASFIXIA:

·        CADERNO DIXITAL

·        DECRETO DE ORDENACIÓN DE EXPLOTACIÓNS
BOVINAS

·       DECRETO DE FERTILIZACIÓN SOTIBLE DE
SOLOS.

 

4. ADAPTACIÓN DOS ECOESQUEMAS E DA PAC Á REALIDADE DA AGRICULTURA E GANDEIRÍA GALEGAS, PAGOS EN FUNCIÓN DAS PERSOAS ACTIVAS E NON POLA SUPERFICIE.

 

5. IMPORTES SUFICIENTES PARA ATENDER AS SOLICITUDES DE PRODUCIÓN EN ECOLÓXICO, ASÍ COMO A TOTALIDADE DE EXPEDIENTES DE AGROAMBIENTE E CLIMA E AS AXUDAS DE INCORPORACIÓN


6. RECUPERACIÓN DE TERRA AGRÍCOLA E A SÚA ESPECIAL PROTECCIÓN. E APOIOS AO SECTOR FRONTE A NOVOS RETOS COMO OS CAMBIOS NO CLIMA, NOVAS ENFERMIDADES OU O ENCARECEMENTO DOS INSUMOS E COMBUSTIBLES . MAIOR APOIO Á INVESTIGACIÓN PÚBLICA, QUE AXUDE E ACOMPAÑE AO SECTOR NA SITUACIÓN ACTUAL E DE CARA AOS NOVOS PROBLEMAS QUE AFECTAN AO SECTOR, PARA UNHA MAIOR SOSTENIBILIDADE NAS EXPLOTACIÓNS.


7. FOMENTAR O ACCESO DA POBOACIÓN AOS ALIMENTOS  APOIANDO  OS MERCADOS LOCAIS E OS CIRCUITOS CURTOS.


8. MANTEMENTO DA REDUCIÓN NO PREZO DO GASÓLEO PARA O SECTOR, ASÍ COMO AS CONDICIÓNS DO GASÓLEO AGRÍCOLA PROFESIONAL.


9. REMUNERACIÓN DOS DANOS DE FAUNA SALVAXE (xabarín, lobo…), E DO LUCRO CESANTE E DA TOTALIDADE DAS PERDAS OCASIONADAS, QUE DEBEN SER MINIMIZADAS.


10. CREACIÓN DA FIGURA DO MEDIADOR NA NEGOCIACIÓN DE CONTRATOS E POSTA EN MARCHA DE OBSERVATORIOS DE PRECIOS NOS PRODUCTOS AGROGANDEIROS.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias