Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020
ENERXIGANDO
Resumo do proxecto
A necesidade de que o sector primario contribúa á transición a unha economía baixa en carbono adquiriu unha maior relevancia nos últimos anos. A Comisión Europea propón, no período 2021-2027, articular a Política Agrícola Común (PAC) ao redor de nove obxectivos clave, un dos cales é contribuír á mitigación do cambio climático e a adaptación aos seus efectos, así como á enerxía sostible.
Neste contexto, identificouse a necesidade de sensibilizar aos gandeiros sobre a oportunidade de adoptar medidas para a mellora enerxética, tanto a nivel de aforro como de enerxías renovables. Para fomentar a adopción destas medidas, os gandeiros necesitarán mellorar o seu coñecemento, a través do asesoramento e a formación, en prácticas relacionadas coa descarbonización do sector.
Para prestar este asesoramento ás explotacións gandeiras galegas, desenvolverase unha plataforma web de autodiagnose, de acceso libre vía web, dende a cal os gandeiros poderán obter un informe pormenorizado sobre medidas e solucións existentes en materia de optimización enerxética e enerxías renovables, prescritas en función do tamaño, tipoloxía de procesos e pautas de funcionamento.
Isto favorecerá a transformación das actividades gandeiras tradicionais por outras máis eficientes, contribuíndo a mellorar a sustentabilidade do sector primario, a conservar o medio ambiente e a mitigar o cambio climático a través do uso das Tics.
Desenvolvemento do proxecto
Obxectivo:
Contribuír á mellora da competitividade e sustentabilidade do sector gandeiro de Galicia promovendo o desenvolvemento de explotacións innovadoras, impulsoras do cambio cara a unha gandería descarbonizada, a través da implantación de sistemas aforro e eficiencia, así como de enerxías renovables.
Participan neste proxecto:
- Unións Agrarias – UPA
- Instituto Tecnolóxico de Galicia
- Asociación Profesional Gandeiros de Lugo
- Asociación Agrogandeira Oursensán
- Asociación Sectorial Láctea Galega
Actividades
Fase de estudo
Revisión lexislativa, estudo da arte, caracterización das explotacións e selección de protocolos.
Desenvolvemento do sistema
Deseño e desenvolvemento da plataforma web e posterior validación.
Divulgación e formación
Difusión do proxecto a través de notas de prensa e páxina web, xornadas informativas sobre o uso da plataforma web.
En Unións Agrarias entendemos que é necesario reforzar as estruturas industrias ligadas ás explotacions lácteas galegas mediante o impulso de novas liñas de produción que aposten pola diversificación. Un xeito de aportar valor engadido, xerar riqueza e crear novos nichos de negocio e emprego vinculados ao rural vivo que queremos.