Asistente Virtual para a redución da fenda dixital no sector agrogandeiro
FARM DIGITAL ASSITANT (FDA)
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR331B)
Breve resumo do proxecto
O proxecto Farm Digital Assistant (FDA) ten como obxectivo principal reducir a crecente burocracia dixital e a fenda dixital no sector agropecuario. Nos últimos anos, os gandeiros e agricultores víronse obrigados a realizar un número crecente de trámites a través de plataformas dixitais, o que complica o seu traballo, especialmente tendo en conta o avellentamento do sector.
Para dar resposta a esta problemática, o proxecto propón o desenvolvemento dunha plataforma integral e centralizada que permita a xestión de todos os trámites administrativos de forma personalizada. A plataforma estará adaptada ás necesidades específicas de cada usuario, xa sexa gandeiro de leite, de carne, ou propietario forestal, e proporcionará acceso directo aos servizos administrativos que necesiten de forma habitual.
Un dos piares do proxecto é a implementación dun asistente virtual, que guiará aos usuarios a través dos procesos administrativos dixitais, dirixíndoos aos trámites ou documentos necesarios en cada momento. Este asistente tamén resolverá as dúbidas máis frecuentes sobre trámites e convocatorias, reducindo así a complexidade administrativa á que se enfrontan os produtores. Ademais, a ferramenta contará cun sistema de notificacións mediante plataformas como Telegram, para enviar documentación e avisos importantes de forma rápida e directa.
A plataforma tamén incluirá unha sección informativa, que ofrecerá aos usuarios noticias de interese sobre o sector agropecuario, novas normativas ou información relevante sobre cuestións ambientais e tecnolóxicas. Así, facilitarase o acceso á información máis recente e útil para o día a día dos produtores.
A través do FDA, non só se busca mellorar a xestión administrativa, senón tamén contribuír á redución da fenda dixital entre o rural e o urbano, empoderando aos gandeiros e agricultores mediante o uso de tecnoloxías que optimicen os seus procesos.
Obxectivos e resultados
Facilitar a relación dixital entre agricultores e gandeiros coas administracións públicas e privadas, reducindo a fenda dixital e a carga burocrática mediante unha plataforma centralizada e un asistente virtual.
Facilitar a relación dixital coas administraciónsrticipación Social y Movimiento Asociativo
Crear una Guía de Gestión de Transformación Territorial con medidas a corto, medio y largo plazo y como modelo de replicabilidad. Deseñar e implementar unha plataforma única que centralice todos os trámites administrativos que os gandeiros e agricultores precisan realizar con diferentes organismos públicos e privados
Desenvolvemento dunha plataforma centralizada e intuitiva que agrupe os trámites administrativos, permitindo que os usuarios accedan aos servizos necesarios de forma personalizada segundo o seu perfil.
Reducir a fenda dixital no sector rural
Proporcionar ferramentas dixitais accesibles que permitan aos gandeiros e agricultores de maior idade ou con menos competencias dixitaisde forma sinxela os seus trámites administrativos.
Redución da fenda dixital entre o rural e o urbano mediante a adopción de ferramentas dixitais como o asistente virtual, que proporcionará guías e asistencia sobre os trámites administrativos, mellorando a accesibilidade tecnolóxica para os gandeiros e agricultores.
Reducir a burocracia administrativa
Simplificar os procesos burocráticos que afectan ao sector agropecuario, proporcionando ferramentas que automatizan e facilitan o acceso aos trámites e documentos.
Redución da carga burocrática para os gandeiros e agricultores ao proporcionar unha ferramenta que guíe o usuario a través dos procesos administrativos, reducindo o tempo e os recursos adicados á xestión adminstrativa.
Fomentar o uso de tecnoloxías dixitais no sector agropecuario
Incentivar o uso de novas tecnoloxías no sector primario mediante a
integración de solucións dixitais que fagan máis eficiente a xestión
administrativa e produtiva dos gandeiros e agricultores.
Aumento na adopción de tecnoloxías dixitais mediante o uso do asistente virtual e as funcionalidades avanzadas da plataforma, que inclúe notificacións e información en tempo real a través de plataformas como Telegram.
Mellorar o acceso á información relevante para o sector
Crear unha sección informativa que recolla noticias e información relevante para os gandeiros e agricultores, asegurando que dispoñen dos últimos datos sobre convocatorias, normativas e cuestións do sector agropecuario.
Creación dunha sección informativa dentro da plataforma, onde os gandeiros e agricultores poderán acceder a noticias relevantes sobre o sector agropecuario, convocatorias e novas normativas, mantendo aos usuarios actualizados sobre cuestións importantes.
Actividades do proxecto
1. Seguimento e control
2. Recompilación histórico
3. Desenrolo matrices internas e máscaras
4. Deseño teórico estrutura de programa
5. Desenrolo técnico do asistente virtual
6. Validación do asistente virtual
7. Plan de Comunicación e divulgación