Para explotacións e transportistas que fagan o curso por primeira vez. Regulados no Decreto 60/2007, do 22 de marzo, polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal, establécese o procedemento de autorización das entidades de formación e créase o rexistro destas (DOG n. º 67, do 4 de abril de 2007).
É a formación requirida para poder percibir a axuda pola súa instalación os/as agricultores/as mozos/as (18 a 40 anos), que se incorporan como titulares ou cotitulares a unha explotación agraria, segundo ás bases reguladoras das axudas para a modernización dás explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.
Contan con varias orientacións produtivas, cada unha con módulos específicos que se suman aos comúns a todas ás orientacións.
A Lei de Prevención de Riscos Laborais establece as obrigas marco a cumprir por empresarios e traballadores para previr as lesións profesionais. O novo enfoque da prevención que formula esta lei está baseado na planificación das actividades preventivas, que se deben de formular como consecuencia dunha correcta avaliación de riscos laborais.
Programa de formación a nivel estatal dirixido aos profesionais do medio rural tanto en activo como en situación desemprego mediante o desenvolvemento de diversas accións formativas.
Esta formación no medio rural ten por obxectivo ampliar os coñecementos e as capacidades dos agricultores e agricultoras en tal medio, permitindo unha nova orientación ao desenvolvmento deste ámbito co fin de actualizar e fortalecer as competencias profesionais, asegurando así a adaptación permanente dos profesionais do medio rural ás exixencias do desenvolvemento sostible do mesmo, aumentando a súa competitividade e mellorando as oportunidades de emprego e traballo.
Infórmate na tua oficina ...
Chama ou escríbenos a ...