Quen somos

Que é UNIÓNS AGRARIAS – UPA

 

 

 

 

UNIÓNS AGRARIAS-UPA  é unha Organización Profesional Agraria de ámbito nacional galego legalmente constituída ao amparo da Lei 19/77, do 1 de abril, e do Decreto 873/77, do 22 de abril; sen ánimo de lucro, autónoma e independente dos partidos políticos e das administracións públicas, e rexida unicamente pola vontade dos seus asociados e asociadas.

Unións Agrarias-UPa está integrada organicamente a nivel estatal na Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos (UPA), asumindo os seus principios e estatutos.

Na actualidade conta con 31 oficinas comarcais no ámbito da Comunidade Autónoma maila Sede Central, co obxecto de alcanzar un mellor cumprimento dos seus fins, prestar unha atención suficiente e especializada a todos aos seus asociados e asociadas e aplicar as resolucións e directrices dos seus órganos representativos.

CONGRESO NACIONAL GALEGO

O Congreso Nacional Galego é o órgano supremo de UNIÓNS AGRARIAS-UPA. Nos congresos establécense as liñas xerais de actuación, ademais de elixir a Comisión Executiva Nacional Galega.

 

O 16 de maio de 2025 Unións Agrarias enfrontou a renovación dos seus órganos de goberno no marco do 12º Congreso Nacional. Unha convocatoria celebrada en Santiago de Compostela baixo o lema “Sementando o presente para alimentar o futuro” á que foron chamados 100 delegados.

COMISIÓN EXECUTIVA NACIONAL GALEGA

A Comisión Executiva Nacional Galega é o órgano de dirección permanente de UNIÓNS AGRARIAS-UPA, representándoa tanto interna como externamente. Esta suxeita aos Estatutos de UNIÓNS AGRARIAS – UPA e ás Resolucións do Congreso e do Comité Nacional Galego. É a responsable de tódalas súas actividades, tanto de negociación, representación, etc.

A Comisión Exceutiva Nacional Galega de Unións Agrarias-UPA está formada por: 

ROBERTO
GARCÍA GONZÁLEZ

Secretario Xeral

FÉLIX
PORTO SERANTES

Vicesecretario Xeral

JAVIER
LÓPEZ IGLESIAS

Secretario de Organización, Administración e Área Interna

CRISTÓBAL
TOURIÑÁN NOVOA

Secretario de Vacún de Leite e Xuventude

HERMINIA BARAZAL VIVIÁN

Secretaria de Gandería

MÓNICA PENAS GONZÁLEZ

Secretaria de Desenvolvemento Rural e Cambio Climático

EVA BERMÚDEZ PULLEIRO

Secretaria de Agricultura e Dixitalización

MARÍA JOSÉ FERNÁNDEZ VEIGA

Secretaria de Igualdade e Innovaciuón

BEGOÑA LIÑARES GARCÍA

Secretaria de Migración e Emprego Agrario

COMITÉ NACIONAL GALEGO

O Comité Nacional Galego de Unións Agrarias-UPA é o órgano máximo entre congresos ordinarios. Está formado por: 

1- Os membros que compoñen a Comisión Executiva Nacional Galega.

2- Os/as presidentes/as nacionais sectoriais.

3- Os/as coordinadores/as das Organizacións Sectoriais Territoriais.

4- Os/as responsables dos distintos departamentos

5- Os/as delegados/as das distintas Delegacións Territoriais.