Nos últimos anos a instalación de parques eólicos apenas ten xerado desenvolvemento rural en Galicia debido á falta dun marco normativo axeitado. Motivo polo cal Unións Agrarias a través das súas distintas sectoriais está a motivar unha reflexión sobre a importancia de modular a normativa en materia eólica para favorecer o aporte de valor ao medio rural galego.
Para a organización agraria precísanse medidas que modifiquen o marco normativo actual. Que promovan o desenvolvemento rural esixindo para a aprobación dos novos parques fórmulas de compensacións que contribúan á mellora da calidade de vida das áreas rurais nas que se implantan. Á vez que garantan rendas xustas para as Comunidades de Montes e propietarios dos terreos ocupados, calculadas non polo valor rústico dos mesmos, senón pola súa capacidade de xerar enerxía debido ás condicións naturais dunhas ubicacións onde o vento sopra con determinada potencia un número de horas suficientes ao ano.
A organización agraria entende que as instalacións de xeración de enerxía deben converterse en fonte de riqueza. Pero tamén respectar e non interferir no desenvolvemento da actividade agrogandeira.
UUAA ten presentado alegacións á Lei de Medidas Administrativas da Xunta de Galicia e á súa homóloga de carácter estatal; que relaxan as garantías e os prazos esixidos na tramitación de parques eólicos. Estas leis obvian a necesidade de construír ese novo marco de relacións preciso para que a enerxía eólica poida ser unha peza do desenvolvemento rural. E únicamente pretenden facilitar a tramitación administrativa ás empresas promotoras de parques.
Está previsto que seguindo as directrices da Unión Europea sobre descarbonación das fontes de xeración de enerxía eléctrica (que marcan fitos do 30% para o ano 2030 e o 100% para o ano 2050) nos vindeiros anos se multipliquen as instalación de enerxía renovable para acadar os obxectivos sinalados. Sendo así que en Galicia está previsto o desenvolvemento dunha potencia eólica adicional de alomenos 4.800 MW nos próximos 5 anos.
Ata o de agora esta actividade, que precisa dos espazos do rural e dos seus recursos naturais para desenvolverse, apenas ten suposto transferencias de renda cara ás zonas onde se ubican as súas instalacións.
Por todo isto, Unións Agrarias aposta pola información e o asesoramento aos afectados pola instalación de novos parques, e promove e seguinte
En liña cos posicionamentos de Unións Agrarias en relación á instalación de proxectos de xeración de enerxía, a organización asina, xunto a FADEMUR Galicia, Ventonoso, PSdeG-PSOE, UGT e CCOO, o «Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible para Galicia». Un documento que aposta por un novo modelo de desenvolvemento enerxético para a Comunidade, co foco posto nos dereitos da veciñanza das zonas nas que se instalen os parques. E que insta ás administracións con competencias na autorización de novas instalacións a garantir, a través dunha axeitada normativa, os seguintes puntos: