Política de
CALIDADE
MISIÓN CORPORATIVA
O sector agrario está integrado maioritariamente por titulares de explotacións agrarias, gandeiras e forestaos que viven total ou parcialmente da aportación do seu traballo persoal e directo na explotación, conformando un colectivo socioeconómico cun nivel de rendas inferior ao resto dos sectores produtivos, o que incide negativamente nas súas condicións de vida e de traballo.
Facendo uso dos dereitos constitucionais recoñecidos relativos á liberdade de asociación, expresión participación, e en virtude do disposto na Lei 19/77 de 1 de abril, desde UPA GALICIA traballamos para o desenvolvemento e fortalecemento deste colectivo por todo o territorio español, intensificando a nosa presencia particularmente no ámbito agrario e no mundo rural en xeral, sendo o noso obxectivo fundamental a fin de conseguir unhas cotas de representatividade que permitan á organización, xunto á súa participación nas mesas de diálogo e concertación, constituírse en interlocutor de referencia para contribuír, xunto coas administracións e institucións públicas e organizacións políticas, ao deseño e execución das medidas legais e políticas dirixidas á actividade agraria e á poboación rural en xeral, sendo o medio máis axeitado para acaadar estas fins conseguir atraer cara ao proxecto de UPA ao maior número de persoas e colectivos sociais aos que dirixe a súa acción mediante o incremento da afiliación, para entre todos conseguir unja mellora da calidade de vida dos homes e mulleres que viven no medio rural prestando especial atención ao colectivo con maiores dificultades á hora de conseguir a plena integración e equiparación laboral e profesional.
ALCANCE
Esta política atinxe aos servizos de formación e proxectos da asociación de UNIONS AGRARIAS-UPA situada en Rúa Doutor Maceira, 13 Bx., Santiago de Compostela, CP 15706 en A Coruña e aos sistemas de información relacionados conforme á declaración de aplicabilidade V0.
LIÑAS DE TRABALLO E INTERVENCIÓN
- Agrupar dentro de si aos colectivos agricultores e gandeiros, agricultoras e gandeiras, profesionais de todos os sectores que conforman a agricultura familiar en España, para unha eficaz unidade y coordinación de acción a fin de obter a mellor representación dos seus intereses socioeconómicos e profesionais comúns, sen distinción algunha por razón de sexo, raza, opinións políticas ou crenzas relixiosas.
- Esixir ás administracións e aos poderes públicos en xeral a puesta en práctica tanto de medidas políticas, lexislativas e económicas, como de accións de fomento dirixidas a organizar e vertebrar aos titulares por conta propia de explotacións agrarias, todo elo co obxectivo de defender de modo eficaz os intereses de ditos colectivos e contribuír ao incremento das súas rendas, á mellora das súas condicións de traballo e, en xeral, á elevación do nivel de calidade de vida no medio rural.
- Practicar e fomentar a solidaridade entre os seus afiliados.
- Actuar como colectivo consultivo e reivindicativo ante as Administracións Públicas en todo o que poida afectar ao sector agrario e, en xeral, ao ámbito rural.
- Prestar servizos aos seus afiliados e fomentar o asociacionismo económico e representativo agrario, a fin de defender os intereses das persoas titulares de explotacións representadas.
- Producir e editar toda clase de publicacións que contribúan á defensa e promoción dos intereses dos colectivos asociados como instrumento de apoio e difusión dos seus plantexamentos e reivindicacións, así como en xeral.
- Impulsar cantas actuacións informativas resulten adecuadas para a mellor difusión dos plantexamentos e obxectivos da Organización.
- Promover y realizar de forma continuada toda clase de accións formativas dirixidas tanto a afiliados como a colectivos nos que concorran similares circunstancias socioeconómicas ou profesionales e á poboación agraria e do medio rural en xeral, coa fin de contribuír a mellorar en todo momento a súa propia cualificación profesional e a dos membros da súa familia.
- Prestar especial atención a aqueles colectivos e sectores sociolaborais máis desfavorecidos dentro do medio rural, apoiando e defendendo de modo especial as reivindicacións das mulleres, a mocidade e os colectivos laboralmente máis desfavorecidos, fomentando entre eles actuacións e iniciativas que permitan a mellora das súas condicións profesionais e laborais.
- Manter relacións con todas as organizacións de calquera ámbito cuxos obxectivos coincidan cos de UPA.
- Desempeñar a representación de UPA ante os órganos da Unión Europea e de carácter internacional, intervindo a través do Comité de Organizacións Profesionais Agrarias da UE (COPA) ante as institucións comunitarias en todos os aspectos relacionados cos obxectivos e fins da organización, e a través da Organización Mundial de Agricultores (OMA) ante os organismos de carácter internacional.
- Fomentar a realización doutras actividades económicas complementarias ai sector agrario no medio rural.
- Promover proxectos e actividades respetuosos co medio ambiente e o entorno natural, así como actividades de investigación e desenvolvemento en ámbitos relacionados co medio rural.
- A cooperación ao desenvolvemento no ámbito da agricultura, a gandería e o desenvolvemento rural.
- Impulsar programas, convenios e actividades de calquera tipo, por si mesma ou en colaboración con administracións públicas e/ou entidades privadas de calquera clase e con todo tipo de organizacións sen ánimo de lucro que redunden en favor do interese xeral.
- Calquera otra fin ou obxectivo propio da Organización ou que poidan acordar libremente os órganos de UPA dentro do ámbito das súas competencias.
POLÍTICA DE XESTIÓN INTEGRADA
Para elo Unións Agrarias-UPA adquire os seguintes compromisos:
En xeral:
- Mellora continua do desempeño tanto dos sistemas de xestión como do resultado a obter.
- Mellora da eficacia dos sistemas.
- Actualización e cumprimento do marco legal e dos requisitos propios e específicos que nos poidan por, tanto os nosos clientes como os proveedores e persoas implicadas.
- Manter un alto nivel de cualificación e talento para poder ser eficaces e eficientes nos procesos.
- Mantemento das adecuados canles de comunicación con todas as partes interesadas, con obxecto de asegurar a súa satisfacción con respecto ao cumprimento das súas necesidades, requisitos e expectativas
- Adoptaranse as medidas necesarias para que todo o persoal de UPA sea coñecedor desta política. Difundíndose tamén esta aos proveedores e colaboradores, estando ademais a disposición do público a través da páxina web da organización.
En calidade:
- Satisfacción plena dos nosos clientes conseguindo un alto nivel de resposta e valoración nas enquisas.
- Cumprimento dos obxectivos dos proxectos de consultoría e oficina técnica que desenvolvemos obtendo altos graos de satisfacción e fidelización.
- Minimización de riscos de calidade e control dos riscos sociados ao fallo.
En medioambiente:
- Minimización, control dos riscos e dos posibles impactos ambientais das actividades que realizados, esforzándonos por previr a contaminación e xestionar eficientemente os residuos que xeramos.
- Reducir, evitar ou suprimir os diversos tipos de contaminación presentes, en función da viabilidade económica da empresa.
- Xestionaranse os mecanismos de emerxencia necesarios en caso de crise.
En seguridade da información:
- Política de Redución do risco potencial grave. Priorizaranse as actuacións sobre riscos potenciais graves.
- Política de Tolerancia 0 coas incidencias. Investigaranse e sancionaranse aquelas actuacións dolosas ou imprudentes.
- Política de impacto reputacional mínimo. A incidencia reputacional en materia de seguridade debe tender a 0.
- Controlar operacionalmente de forma eficaz as ameazas e riscos sobre o activo e as instalacións.
- Xestionar eficientemente as incidencias que afecten á integridade, dispoñibilidade e confidencialidade da información da empresa.
- Garantizar que as nosas operación e procesos actuais e futuros cumpran coa lexislación vixente en materia de seguridade da Información
- Implantar plans de continuidade do negocio que garantan a permanencia das actividades da sociedade en caso de incidencias graves ou continxencias.
E como compromiso co cumprimento desta política, asina
ROBERTO GARCÍA GONZÁLEZ
SECRETARIO XERAL DE UNIÓNS AGRARIAS-UPA