PAC

A Política Agraria Común segue a constituír un elemento fundamental para a viabilidade e o mantemento das explotacións agrogandeiras de Galicia. Porén, a nova realidade europea e as novidades normativas que condicionan o acceso aos fondos obrigan a manterse alerta para garantir que o financiamento necesario chegue ao sector produtor.

É necesario situar no centro do debate o papel fundamental da actividade agrogadeira como un instrumento básico para a fixación de poboación e o desenvolvemento rural.  Nese senso, dende Unións Agrarias defendemos a aplicación duns criterios únicos para todo o estado. Igualmente, entendemos que é básico conseguir que as axudas cheguen a aquelas persoas que acrediten actividade agrícola ou gandeira e non aos propietarios de terras sen explotar. Pois ese será o único xeito de garantir o rural vivo, vertebrado e activo que queremos.

Do mesmo xeito, dende Unións Agrarias traballamos para conseguirmos o reparto máis xusto das axudas da PAC, de xeito que as necesidades e a realidade de Galicia sexan debidamente tidas en conta polo goberno central. Avogamos pola aplicación duns criterios únicos que eviten o establecemento de territorios de primeira e de segunda. E defendemos o mantemento dun diálogo constante que obrigue á administración a ter en conta a voz e as demandas dos axentes sectoriais, colectivos sociais, organizacións e produtores ligados ao noso agro.

A Política Agraria Común segue a constituír un elemento fundamental para a viabilidade e o mantemento das explotacións agrogandeiras de Galicia

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias