Agricultura

Aínda que cada vez son máis os produtores que optan por unha maior profesionalización, o sector da horta segue a caracterizarse, de xeito maioritario, polas pequenas dimensións da maior parte das explotacións que o integran.

Os elevados custos que requiren as novas instalacións a grande escala fan que, na maior parte dos casos, os cultivos hortícolas se empreguen como un complemento a outras actividades.

Conseguir mellorar a rendabilidade das explotacións vinculadas á horta é un obxectivo que ten nos modelos de comercialización o seu principal reto. Nun mercado controlado principalmente por maioristas, dende Unións Agrarias defendemos contratos regularizados que eviten sorpresas aos nosos produtores e que lles garantan uns rendementos dignos polo seu traballo.

Consideramos que a horta é un sector cunhas enormes potencialidades e posibilidades de futuro, que precisa implementar as condicións que lle permitan avanzar cara a unha maior profesionalización. A aposta pola calidade vinculada á orixe e o impulso de novos modelos de venda que dean máis control aos produtores serán aspectos clave para o seu desenvolvemento.

Dende Unións Agrarias traballamos para mellorar as condicións dos nosos produtores de pataca. Con dúas zonas produtoras principais, na Limia e Coristanco, e dúas producións diferenciadas, para industria e consumo, os principais retos vinculados a este sector teñen que ver coa posta en valor e a calidade das producións locais e coa consecución de prezos dignos.

Conseguir contratos homologados que aporten estabilidade e doten de garantías aos agricultores é unha necesidade urxente, que precisa dun traballo previo de caracterización do produto. Da man da industria e dos produtores, debemos ser quen de chegar a un acordo sobre os parámetros de calidade que sirva de base á hora de fixar prezos dignos.

Dotar de garantías aos nosos produtores é a principal aspiración para un sector demasiado dependente das imposicións da industria. Así como tamén o é o impulso da nosa pataca e a introdución de novas variedades, mediante a posta en valor da Indicación Xeográfica Protexida.

Entendemos que a defensa e promoción da calidade será básica á hora de conseguir un mellor posicionamento da produción autóctona de pataca. E para elo debemos avanzar tamén, da man da industria, cara a un sistema de certificación que garanta a procedencia do produto mediante a expedición de etiquetas ligadas ao volume de produción real das explotacións.

No que afecta á pataca de consumo, entendemos que é básico apostar tamén pola calidade para promocionar e poñer en valor as producións locais. Para elo é necesario redefinir os parámetros de calidade e implementar un sistema de garantías para que o produto chegue nas mellores condicións posibles ao consumidor.

Nun mercado controlado principalmente por maioristas, dende Unións Agrarias defendemos contratos regularizados que eviten sorpresas aos nosos produtores e que lles garantan uns rendementos dignos polo seu traballo.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias