Desenvolvemento Rural

O Desenvolvemento Rural consiste no conxunto de procesos e medidas que sirven para mellorar a calidade de vida, o benestar e as posibilidades de desenvolvemento económico e social das persoas que viven no territorio rural.

Trátase dun dos piares fundamentais nos que se basea a Unión Europea para acadar os obxectivos das políticas de Cohesión Económica e Social e de Cohesión Territorial nos distintos países e rexións que forman parte da Unión.

En Unións Agrarias pensamos que só as sociedades cohesionadas poden avanzar. Por iso entendemos que a existencia de forzas, institucións e políticas capaces de crear vínculos é un aspecto fundamental para o futuro e o desenvolvemento dun rural vivo, capaz de fixar poboación e ben conectado. 

En Unións Agrarias sabemos que para que o rural do futuro sexa viable son indispensables unha gandeiría e unha agricultura cada vez mellor. Pero sabemos tamén que iso non chega se non somos capaces de crear un rural onde a xente queira vivir, fixar a súa residencia e desenvolver negocios e actividades que complemeten a actividade económica ligada ás explotacións agrogandeiras.

Por elo Unións Agrarias ten un compromiso total co desenvolvemento rural de Galicia e coa loita pola cohesión económica e social das mulleres e homes que viven nel.

Un compromiso que se plasma nas liñas de traballo nas que a organización ven comprometéndose dende a súa fundación, e que inciden na resolución de problemas, na mellora da calidade de vida e das oportunidades das familias do rural galego:

Unións Agrarias ten un compromiso total co desenvolvemento rural de Galicia e coa loita pola cohesión económica e social das mulleres e homes que viven nel.

En Unións Agrarias estamos convencidos de que a coexistencia da fauna salvaxe coa actividade agrogandeira é posible. E para elo é preciso xestionar as poboacións, especialmente de xabaril e lobo; tendo como ferramenta principal a caza social practicada con criterios científicos e técnicos. Dese xeito será posible garantir tanto a conservación das especies cinexéticas, como a coexistencia do lobo coa gandeiría, e do xabaril cos cultivos e a actividade gandeira.

Unións Agrarias avoga polo pago xusto dos danos producidos polo lobo na gandeiría, e polos xabarís na agricultura. E para elo é básico e urxente que a administración asuma as súas responsabilidade e facilite o pago de axudas suficientes para cubrir o 100% dos custos reais, de xeito áxil, e cubrindo non só o valor das perdas senón tamén o lucro cesante.

Para conseguir que a caza social sexa realmente un instrumento eficaz para a xestión da fauna salvaxe é necesaria unha reforma da Lei de Caza. A Xunta debe asumir competencias directas tanto na xestión da fauna como no que afecta á responsabilidade por indemnización de danos. Dous aspectos que actualmente a lexislación fai recaer sobre os tecores e sociedades de caza. Un modelo que durante a última década ten demostrado a súa inoperatividade, pois as poboacións de xabaril van a máis e os seus danos, tanto no agro como nas estradas, en aumento.

Non podemos esquecer ademais o risco potencial que a crecente poboación de xabaril supón para a propagación de enfermidades como a peste porcina africana. Unha posibilidade que representa unha seria ameaza para a industria cárnica, e que de chegar a materializarse levaría á ruina un sector punteiro en Europa.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias