Forestal

En Unións Agrarias entendemos que o mellor xeito de que os nosos terreos sexan sostibles é garantir a actividade agrogandeira. Os feitos demostran que cando esta desaparece prodúcense episodios indesexables, con incendios dunha magnitude descontrolada como os que vimos presenciando nos últimos tempos. E é así porque sen prados, pastos e terras de labor non existen cortalumes naturais capaces de previr e frear os lumes. Por iso concebidos a actividade forestal como un complemento indispensable da agricultora e a gandería.

En Galicia, cunha superficie forestal do 8%, producimos a metade da madeira de toda España. 10 millóns de toneladas anuais, uns 50.000 camións que xeran unas rendas para propietarios e comunidades de montes que se sitúan no entorno dos 360 millóns de euros ao ano.

Dende Unións Agrarias apostamos por unha xestión forestal sostible e por unha certificación que garanta que a madeira producida en Galicia respecta todos os estándares medioambientais. Formamos parte do Comité de Estudo para a Reforma do Plan Forestal de Galicia. Un foro no que Unións Agrarias está insistindo, a través da súa sectorial ASEFOGA, na necesidade de dar valor ás especies frondosas que en Galicia supoñen, segundo datos do último inventario forestal nacional, o 29% da superficie forestal arborada. A pesar dese volume, estas especies apenas aportan o 5% do valor das cortas que se fan en Galicia. Motivo polo cal existe aínda unha grande marxe para xerar riqueza, conseguindo que estas especies teñan non só valor medioambiental senón tamén económico.

Unións Agrarias tamén avoga pola creación dun Plan Estratéxico do Castiñeiro dentro do Plan forestal. Unha medida que suporía un importante apoio para o uso desta especie no eido forestal e para a produción de castaña. E é que non podemos esquecer que a castaña é un dos principais recursos en moitas zonas de montaña, especialmente das provincias de Lugo en Ourense, onde constitúe un complemento fundamental para as rendas de moitas familias.

ASEFOGA tamén forma parte do padroado da Fundación Arume, constituída no ano 2019 co obxectivo de aportar valor engadido ás masas de piñeiro. Cremos que é necesario buscar vías para que sexamos quen de producir de forma sostible piñeiros de calidade que garantan un bo prezo para os propietarios de terreo forestal. E que, unha vez entren na cadea de transformación industrial, poidan converterse en produtos de alto valor engadido, xerando riqueza e postos de traballo, moitos deles no propio medio rural.

Respecto ao eucalipto, durante anos UUAA insistiu na necesidade de prohibir o seu cultivo nas terras agrarias. Consideramos que esta especie ten o seu lugar no monte, que debe ser xestionado de forma sostible. Por elo apoiamos as regulacións que actualmente limitan a posiblidade de cultivar esta especie tanto en terras agrarias como nos espazos naturais protexidos e en Rede Natura 2000. Así como a substitución de masas de frondosas trala súa corta por eucaliptos.

Apoiamos ademais a innovación e o I+D+I asociado ao sector forestal como formas de mellorar a eficacia e a sustentabilidade das producións de madeira. Fórmulas que tamén é preciso aplicar na industria de transformación para que Galicia poida impulsar productos co maior valor engadido posible.

Dende Unións Agrarias apostamos por unha xestión forestal sostible e por unha certificación que garanta que a madeira producida en Galicia respecta todos os estándares medioambientais

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias