PRESTACIÓN DE SERVIZOS ÓS/ÁS ASOCIADOS/AS, entre os que se inclúen
Defensa e acusación por todo tipo de delitos, responsabilidade penal de persoas xurídicas, alcolemias, dereito penitenciario, accidentes de tráfico.
Asesoramento xurídico a empresas, dereito societario, dereito concursal, patentes e marcas, constitución, disolución e liquidación de sociedades, responsabilidade dos administradores, reclamacións de danos por infracción do dereito da competencia.
Despedimentos, reclamación de salarios, pensións, accidentes laborais, incapacidades.
Expropiacións, procedementos sancionadores, responsabilidade patrimonial da administración, dereito de estranxeiría, dereito urbanístico, recursos contencioso-administrativos.
Impostos de sucesións, doazóns e transmisións patrimoniais, reclamacións económico-administrativas, comprobacións de valores e taxacións periciais contraditorias, recursos contencioso-administrativos contra a Axencia Tributaria, administración autonómica ou local.
Unións Agrarias-UPA ofrece aos gandeiros, agricultores e propietarios forestais galegos os seus servizos. Para iso conta cun plantel de profesionais que axudarán a aqueles que o demanden.
UNIÓNS AGRARIAS – UPA ten entre os seus obxectivos converterse nunha ferramente de traballo e axuda válida para os agricultores, gandeiros e propietarios forestais. De aí a necesidade de prestar dende a organización uns sevizos de calidade á altura das necesidades dos profesionais do medio rural.
Expedientes abertos sobre reclamación de gastos hipotecarios.
Aínda podes sumarte aos 5.025 gandeiros que xa tramitaron a través de Unións a súa reclamación contra as empresas lácteas sancionadas por pactar ilicitamente prezos á baixa.
1.121 compradores reclamaron con nós para recuperar o sobrecusto dos seus vehículos.
Sede Central Rúa Doutor Maceira, 13-baixo C.P. 15706 Santiago de Compostela