O sector gandeiro de Galicia está a enfrontar unha situación preocupante xa que nos últimos anos, están a pechar un alto número de explotacións gandeiras. Segundo os datos do SITRAN (xaneiro 2023), no período de 2018 a 2023 obsérvase que o número de explotacións gandeiras de Galicia experimentou unha clara redución, con 6851 granxas menos (8%). Ademais, arredor do 40% das explotacións gandeiras teñen como titular a unha persoa nos seus últimos dez anos de vida laboral.
A principal razón deste fenómeno é a falta de relevo xeracional. Segundo un estudo realizado no marco da Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo Galego, o 77% dos gandeiros que non teñen pensado continuar no sector lácteo non teñen posibilidade de relevo dentro da familia. Sen embargo, unicamente o 15% deles teñen previsto alugar ou vender a explotación a persoas alleas. Ademais, a este progresivo abandono tamén contribúen significativamente o incremento dos custos de produción e a redución de rendibilidade.
Unha das causas e á súa vez consecuencias deste fenómeno é que os concellos rurais de Galicia, segundo o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, perderon case o 20% da súa poboación (1996-2017). A isto hai que sumarlle un envellecemento cada vez máis acentuado da poboación rural con un índice de envellecemento duplicado en referencia a poboación urbana de Galicia. Con isto acelérase o proceso de abandono do medio rural e as súas graves consecuencias ambientais, económicas e sociais.
Este Grupo Operativo ten como obxectivo principal previr o peche e abandono dun número significativo de explotacións gandeiras en Galicia, mediante o desenvolvemento dunha ferramenta dixital intelixente para detectar e caracterizar todas aquelas posibles explotacións en risco de pechar creando unha base de datos accesible a posibles interesados en darlles continuidade. Permitirá actuar de forma proactiva, un paso por diante e sen esperar a que os titulares das explotacións tomen a iniciativa.
A ferramenta dixital non só permitirá a consolidación dos datos sobre as explotacións, senón que tamén proporcionará información sobre as medidas de actualización e modernización necesarias para cada unha delas, asegurando a súa viabilidade e sustentabilidade futura.
Co fin de caracterizar e identificar as explotacións en risco de peche, crearase un Comité Asesor, con expertos e axentes de interese do sector que determinará os parámetros e características a ter en conta. Crearase así unha base de datos accesible para posibles interesados en darlle continuidade ás explotacións onde poderán ver as súas características e atoparán información sobre as medidas de actualización e modernización que as explotacións requiren, o que lles permitirá tomar decisións informadas sobre o seu futuro.
Ademais, a través do GO, promoverase a transferencia planificada de explotacións gandeiras proporcionando asesoramento e acompañamento as dúas partes interesadas, facilitando o proceso de transferencia e fomentando a continuidade e modernización das explotacións.
Durante a execución do proxecto implementaranse diversas medidas de divulgación a nivel autonómico, estatal e europeo e con especial foco en mulleres e xoves: xornadas e talleres, publicacións, información en RRSS, etc.
Prevención do peche e abandono das explotacións gandeiras galegas a través do desenvolvemento dun software avanzado cunha compoñente preditiva intelixente, capaz de anticiparse identificando explotacións en risco de peche, e outra compoñente de soporte á decisión para a modernización, así como con medidas para a promoción da transferencia planificada.
Desenvolver unha ferramenta preditiva intelixente capaz de identificar explotacións en risco de peche e que inclúa unha compoñante de soporte á decisión para a modernización das explotacións, contribuíndo á mellora da eficiencia enerxética e de recursos dos procesos e á optimización económica.
Ferramenta de software intelixente de identificación e predición de explotacións en risco de peche e de soporte á decisión para a modernización e eficiencia das explotacións.
Minimizar o peche e o abandono das explotacións gandeiras e fomentar a transferencia planificada das mesmas a través de medidas de difusión, acompañamento e asesoría especializada, incrementando a incorporación de mocidade e mulleres ao sector.
Redución do número de explotacións gandeiras pechadas ou abandonadas (>80%) e incremento da transferencia das mesmas. Maior incorporación de mulleres e mocidade ao sector gandeiro
Conseguir un efecto multiplicador na transferencia dos resultados ó sector gandeiro galego, promovendo a implantación das solucións obtidas no proxecto.
Mellora da eficiencia enerxética (>30%) e económica (>30%) das explotacións. Redución da pegada de carbono (>25%).
Conseguir un efecto multiplicador na transferencia dos resultados ó sector gandeiro galego, promovendo a implantación das solucións obtidas no proxecto.
Mellora da eficiencia enerxética (>30%) e económica (>30%) das explotacións. Redución da pegada de carbono (>25%).
1.
Caracterización de
explotacións.
2.
Creación da base de datos
e da ferramenta predictiva.
3.
Canal de explotacións en
traspaso e planificación cos titulares.
4.
Servicio de
intermediación.
5.
Divulgación.