DOG 6 DE MAIO (88)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Fundación.- Resolución do 25 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se declaran a liquidación e a baixa no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Terra Nosa.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Carne.- Orde do 30 de abril de 2024 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria. (Análise sensorial da carne e dos derivados cárnicos: 12 euros.)
Ampliación do prazo da PAC.- Orde do 2 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control. (Extracto) (Presentación da solicitude única ata o 31 de maio. Modificacións ata o 15 de xuño)
Concesións.- Resolución do 22 de abril de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións da Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Parques eólicos.- Anuncio do 22 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Parque eólico Varilongo, nos concellos de Santa Comba e Coristanco (expediente 2021/0176).
Parques eólicos.- Anuncio do 22 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de liña de alta tensión a 66 kV desde a subestación do parque eólico Monteagudo ata a subestación de Morás, nos concellos de Arteixo, Carballo e Laracha (A Coruña) (expediente 2022/0099).
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Parques eólicos.- Extracto da Resolución do 17 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Torroña I e se cancela a garantía económica depositada por Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede (expediente IN408A 2020/24). (Baiona, Oia e Tomiño)
Instalación eléctrica.- Acordo do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2022/253-2).