Favorecer o crecemento das explotacións é outro dos retos, que ten no actual modelo de tenencia de terras o seu principal obstáculo.
Cremos que é necesario facilitar a posta a disposición das fincas improdutivas para que as explotacións gandeiras poidan incrementar a súa base territorial.
Parcelas que permitirán incrementar a produtividade das explotacións cárnicas, que en moitas zonas xa están demandando ese espazo. E que, ao atoparse axeitadamente xestionadas, darían lugar a un rural máis ordenado e seguro.
Traballamos pola rendabilidade e o futuro dunha actividade tradicional esencial desde o punto de vista medioambiental, da xestión do territorio e a loita contra o lume, e indispensable para fixar poboación e frear o despoboamento